Un pouco de luz sobre o PXOM
Atopábame hoxe trasteando pola rede,na procura de información sobre o PXOM de Vigo,cando atopeime nunha paxina adicada os promotores inmobiliarios,unha noticia que viña dicir algo así “Oportunidade de negocio en Vigo co novo PXOM”,entón pensei en profundizar inda mais no tema.E empecei a ter algunhas cousas claras,unha por exemplo a falta de senso que ten un plan exaxeradamente construtor de vivendas,cando en Vigo hai mais de 18.000 vivendas desocupadas a outra e a falta de sensibilidade deste plan,que divide parroquias,no que prima o cemento e co que será posíbel romper unha das mellores vistas de centro de Vigo (o mar dende paseo de Alfonso XII)....
Ninguén esta encontra do crecemento de esta miña benquerida cidade(na que nacin,cousa que non moitos,instalados no poder poden dicir);nin e ningún intento de preservar a parroquia,que me veu crecer,tal e coma era na miña infancia( ese e un recordo que gardarei na miña memoria por sempre), Vigo ten que crecer e ten moitas cousas que mellorar...pero buscando o máximo consenso e o mínimo dano posíbel.Por que, preguntome eu,se en vez de haber casa de xente humilde e traballadora estiveramos a falar dunha zoa residencial o plan imporíase nestes mesmos termos.
Algo esta mal cando son tantas as voces que piden unha corrección profunda deste plano,estamos a falar do plano mais importante da historia recente de Vigo,e onde uns so ben desastres outros están a ver cartos.
¿A alguén lle interesa unha praza de España cun edificio enorme no medio?¿alguén quere un paseo de Alfonso XII de costas o mar?¿por que non hai practicamente nin un metro de espazos verdes realmente novos?.Esperemos que este nono sexa outro dos grandes erros da xestión da nosa cidade
INFORMACION SOBRE O PXOM : Concello de Vigo,AVV Eduardo Chao
¿COMO TE AFECTA O PXOM? :Concello de Vigo,AVV Eduardo Chao
DISCORDANCIAS CO PXOM :Profesores Souto e Montalvo catedraticos da universidade de Vigo,Profesores da facultade de economicas e empresas da Universidad de Vigo,AVV Eduardo Chao
E por ultimo MIRA VIGO CON OUTROS OLLOS : Vigo en fotos
0 comentarios